A Xunta reforza a colaboración con Outes para mellorar a atención ás persoas maiores e dependentes

03 Xuño 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo unha reunión co alcalde de Outes, Francisco Calo, para avaliar os recursos sociais destinados ás persoas maiores e dependentes deste municipio coruñés. Durante o encontro, ambas administracións acordaron abrir novas vías de colaboración co obxectivo de mellorar os servizos sociais e a calidade de vida dos veciños.

Fabiola García destacou a necesidade de impulsar programas de envellecemento activo e saudable, especialmente nos concellos máis despoboados. Nese contexto, puxo en valor o traballo do centro de día público autonómico de Outes, que actualmente atende a uns trinta usuarios.

Ademais, a conselleira lembrou que a Xunta destina 435.000 euros ao financiamento do Bono Coidado no Fogar para 87 veciños do municipio, unha achega anual de 5.000 euros por persoa dependente que permite recibir coidados no seu propio domicilio, por parte de persoas da súa contorna.

García subliñou que o Goberno galego mantén unha estreita colaboración coas Administracións locais para continuar reforzando os servizos de atención á dependencia, ao tempo que promove iniciativas que favorezan a autonomía e o benestar das persoas maiores.

A conselleira tamén lembrou que o Executivo galego destina 435.000 euros para financiar o Bono Coidado no Fogar aos usuarios deste municipio

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.