A Escola de Música (ESMU) Municipal de Porto do Son organiza este venres 27 de xuño un recital de piano e coro para despedir o curso académico 2024-2025 e, por suposto, para mostrar ante veciños e visitantes os importantes coñecementos e destrezas adquiridos polo alumnado durante este ano formativo. Será a partir das 20.00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Porto do Son. Lembrar que a interpretación de piano é de feito unha das grandes especialidades formativas da escola, xunto co coro e a lingua musical, entre outras.




