A Bandeira Azul volve ondear na praia de San Francisco (e tamén en Cabío-Lombiña)

09 Xuño 2025

A alcaldesa de Muros, María Lago, recolleu a semana pasada (o xoves 5 de xuño), en Ponteceso, a distinción de Bandeira Azul que terá este verán a praia de San Francisco, en Louro. Nun acto cos alcaldes e alcaldesas dos concellos nos que están localizadas as 137 praias con Bandeira Azul de Galicia, Lago recibiu o distintivo de carácter internacional co que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) recoñece a areais de todo o mundo, en base a rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.

Lembremos que no acto coas rexedoras e rexedores tamén participaron representantes do Concello da Pobra, recollendo a dita distinción para o areal de Cabío-Lombiña. De feito, San Francisco e Cabío-Lombiña son os dous únicos areais da contorna do Barbanza e Muros-Noia que contan este ano co dito recoñecemento.

“As praias de Muros forman parte da nosa identidade e coidalas é unha prioridade para nós”, asegurou a alcaldesa durante a devandita cita, co desexo de que en próximos anos poidan chegar máis bandeiras azuis.

“Fixemos un esforzo importante para recuperar a Bandeira Azul na praia de San Francisco, que contará con moitos servizos e avances na accesibilidade para persoas con diversidade funcional”, explicou, engadindo que “traballamos para que aqueles areais nos que podemos facilitar a accesibilidade estean dotados tamén de axudas técnicas, como ramplas de acceso a auga ou cadeiras e muletas anfibias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.