A Asociación Ambar desenvolve o seu programa de lecer, cultura e deporte inclusivos grazas ao apoio do IRPF xestionado por COGAMI

11 Xuño 2025

A Asociación Ambar de persoas con diversidade funcional levou a cabo o seu programa de lecer, cultura e deportes inclusivos, un proxecto que contou co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF, xestionados pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

O principal obxectivo desta iniciativa é fomentar a inclusión social das persoas con diversidade funcional mediante actividades deportivas e de ocio, promovendo a convivencia con outros axentes da comunidade. A proposta naceu da necesidade de superar a participación illada e institucionalizada, apostando por un modelo baseado na cohesión social, a autonomía e o apoio mutuo.

Durante a execución do programa, Ambar logrou beneficiar a un total de 23 persoas, ofrecéndolles espazos de interacción social, aprendizaxe compartida e participación activa en actividades como a vela, entre outras propostas lúdico-deportivas.

Desde a entidade salientan a importancia de continuar promovendo proxectos que garantan o dereito á participación plena das persoas con diversidade funcional na vida comunitaria, contribuíndo á creación dunha sociedade máis inclusiva, diversa e xusta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.