Xoves 22, sol e temperatura en ascenso

21 Maio 2025

Galicia vivirá este xoves 22, Santa Rita, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e á circulación de nordés, que condicionará o tempo en todo o territorio.

Na comarca e nas rías predominarán os ceos despexados, aínda que con presenza de nubes de tipo medio e alto, que non impedirán a entrada da luz solar. Esta situación favorecerá unha sensación térmica agradable.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas se manterán sen cambios destacados con respecto á xornada anterior(12/25 graos). Este contraste térmico podería facer que as primeiras horas do día sexan algo frescas, sobre todo nas zonas do interior.

O vento soprará do norte-nordés con intensidade moderada, aínda que se esperan refachos fortes nas Rías Baixas durante a tarde, o que podería afectar especialmente a navegación e as actividades ao aire libre preto da costa.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá e 5 a 6 á tarde e á noite. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 1.5 a 2 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.