“Voces femininas para unha Galicia nai” – Antón Luaces

12 Maio 2025

A Real Academia Galega tributará o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha moi demorada homenaxe ou recoñecemento ás mulleres que, durante séculos, “mantiveron vivo, transmitiron e arriqueceron o cancioneiro popular e o idioma do país”,  en palabras da propia RAG.

 Son as cantareiras ou cantigueiras, mulleres que cantaron o dicir e o sentir dun pobo, o galego, a través de modos e expresións que, após converterse en populares, foron contribuíndo á conformación dun país que posteriormente adoptou con naturalidade absoluta a herdanza transmitida de nais a fillas porque foron elas, as mulleres, as que gardaron no hórreo dos soños un ser galego que Rosalía de Castro converteu en sacro tesouro ao son das campás de Bastabales, no silencio dos mortos e as tolas soñando

coa eterna primavera da vida que se apaga e a frescura dos campos co murmurio das fontes de auga fría.

Moitas noites de lúa e outras de relampos alumeando os camiños, campos de orballo perlados nos que o legón abría sucos co cantar mainiño:”Miña nai, miña naiciña, coma miña nai ningunha; que me quentou a cariña coa caloriña da súa”… 

Cantareiras, cantigueiras, mulleres en tantos casos viúvas de vivos que, por fin, o 17 de maio terán o seu día, o recoñecemento oficial do seu valor para compartir os bos momentos da lingua de seu que non dan chegados: voces femininas para unha Galicia por sempre nai.

Outros artigos

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

+

“Alfredo Conde, señor de Brión”. Xosé Perozo

A tropa habitual da Asociación de Periodistas de Galicia e acompañantes o pasado martes fómonos ata Brión para arroupar a Alfredo Conde na entrega do XI Premio José Luis Alvite de xornalismo. El vive por aquelas fermosas terras de Santiago e asegura que é o lugar onde...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Profesión. Escuchador”.  Manuel Dominguez III

“Profesión. Escuchador”. Manuel Dominguez III

Profesión. Escuchador Un gravísimo problema tienen quienes habitan este país. Mi amigo aficionado a la sociología dice: De las 8 chicas que frecuentan la terraza donde realizo mi consumición tanto matutina como vespertina, las 8 damas están separadas, es decir están...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.