Santiago inaugura a súa Feira do Libro, que chegará a Rianxo no mes de xullo

04 Maio 2025

A Alameda compostelá converteuse este sábado 4 de maio no escenario de presentación da Feira do Libro, que se converte cada ano nun ritual máis dos moitos que se celebran cada primeiro de maio para celebrar a chegada da primavera, neste caso chea de casetas de librarías e editoriais, que permiten ese espazo de encontro e intercambio” sinalou a deputada durante a súa intervención. A mostra estenderase até o 11 de maio, ofrecendo literatura, encontros e pensamento compartido.

Na inauguración estiveron presentes, ademais da deputada de igualdade, lingua e dereitos civís, Soledad Agra; a tesoreira da Federación de Librarías de Galicia, Patricia Porto; o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. O pregón correu a cargo da libreira Lola Puerta.

Até o 11 de maio a Feira do Libro de Compostela porá en marcha contacontos, roteiros literarios, obradoiros creativos, presentacións de libros e encontros con escritoras e ilustradoras como Arantxa Portabales, Isabel Blanco e María Lapido, Neves Rodríguez, Alba Cid, Elena Gallego Abad, Xabier Queipo e María Hesse, entre moitas outras voces destacadas da literatura galega e estatal. Destacan tamén os espazos de diálogo arredor da literatura fantástica, a banda deseñada ou a memoria histórica.

Máis citas (incluída a de Rianxo)

Baixo o título Onde florecen os libros, a cita inaugural da Fera do Libro celebrouse en Ferrol, do 25 ao 27 de abril. A Feira do Libro de Santiago de Compostela celébrase do 3 ao 11 de maio; en Lugo do 13 ao 17 de do mesmo mes, e no Porriño do 29 de maio ao 1 de xuño. No mes de xuño, Redondela acollerá a súa feira do día 12 ao día 15, mentres que en Ourense será do día 18 ao día 21. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas desde o día 10 ata o 13 e en Rianxo do día 24 ao 27 de xullo. Finalmente, en agosto as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña do día 1 ata o 10, a Viveiro do día 12 ao 15, a Foz do día 16 ao día 19 e rematarán en Monforte de Lemos do día 20 ao 23 de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.