O PSOE de Rianxo acusa ao Goberno local e ao PP de “abandonar o rural ao suprimir a sede de Asados no campamento de verán”

23 Maio 2025
Óscar Rial, voceiro do PSOE en Rianxo

O PSOE de Rianxo, a través do seu voceiro Óscar Rial, emitiu un comunicado no que acusa ao Executivo rianxeiro e ao Partido Popular de “abandonar o rural ao suprimir a sede de Asados no campamento de verán”. Concretamente, refírese a agrupación á supresión da sede do CEIP Ana María Diéguez de Asados como sede das actividades estivais de conciliación do Concello. “Trátase dun novo golpe aos servizos no rural, executado con opacidade, sen diálogo coas familias nin cos grupos da corporación, e xustificado con mentiras”, sinala o grupo de Óscar Rial, engadindo que “esta decisión supón a ruptura unilateral dun modelo de conciliación que estaba funcionando e que permitía ás familias do rural acceder a un servizo básico sen ter que asumir desprazamentos de máis de 40 minutos (entre esperas, desprazamento a paradas, e viaxe as sedes marcadas), custos de ata 100€ por transporte ou incertezas sobre o retorno dos nenos no Plan Madruga, xa que dependendo da sede elixida, pode darse a casualidade de non dispor de transporte, o que achega unha situación inxusta e discriminatoria que non se pode tolerar nun concello que presume de defender o rural mentres
recorta servizos esenciais”.

Critican tamén o argumento utilizado polo Goberno local, aludindo á imposibilidade de usar o centro de Asados xa que non se está a tempo de
solicitalo e que os custes son elevados. “A realidade é que o Concello decidiu rebaixar o prezo do campamento en 15€ respecto ao ano pasado,2024, polo que carece de lóxica que agora se elimine unha sede cunha demanda consolidada, exculpándose no aspecto económico; non damos crédito ó afán deste Goberno de ‘esquerdas’ que non defende os servizos esenciais para as familias, deixándose influenciar pola presenza na xunta de Goberno local do PP”.

Sinalan que “esta decisión vulnera a licitación do servizo de campamento para 2024, que será prorrogada a 2025, e na que se recollen claramente tres
sedes: Brea Segade (75 prazas), Félix Muriel (90) e Ana María Diéguez (30), sumando un total de 195 prazas”. A xuízo dos socialistas “modificar este modelo sen adaptar legalmente os termos do contrato supón unha irresponsabilidade grave e unha mostra máis da improvisación que caracteriza a acción deste Goberno”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...