O Grove acolle este 8 de maio un obradoiro para familias e docentes sobre usos saudábeis dos dispositivos

05 Maio 2025
Created with GIMP

A Unidade Asistencial de Drogodependencias, en colaboración con Ecoloxistas en Acción, organiza este xoves 8 de maio ás 18.00 h, na Casa da cultura de O Grove un faladoiro sobre Como medrar de xeito saudábel dentro dun mundo dixital, de información e sensibilización sobre o uso dos medios dixitais no eido familiar, do ensino e social, así como das consecuencias do seu inicio precoz e non regulado.

Contarase como relatores persoas coordinadoras da campaña Escuelasaludable.org de Ecoloxistas en Acción: Xulio Carmona (enfermeiro de drogodependencias, especialista en saúde mental e experto en adiccións tecnolóxicas) e Menchu Outón (veterana docente de secundaria no ensino público).

Identificarán mitos do proceso hiperdixitalizador, informarán das alertas científicas e profesionais, repartirán guías educativas da campaña, como a ilustrada por Kiko da Silva, e darán un tempo de debate na liña de xerar alternativas e propostas no eido familiar e educativo.

Informarase do cambio de paradigma proposto, entre outras, pola Asociación Española de Pediatría (AEP), que recomenda dende decembro de 2024 “cero pantallas” até os 6 anos e menos de 1 ou 2 horas ao día, respectivamente, entre 7-12 anos e entre 13-16 anos, incluído o tempo escolar e de deberes, postergando a introdución do smartphone. Explicarase igualmente por que os e as pediatras exhortan dende abril de 2025 ás institucións educativas a instruír en competencias dixitais sen pantallas nas aulas.

Abordarase igualmente a importante presencia en idades temperás de condutas aditivas relacionadas coas TIC. Informarase das alertas e denuncias das tácticas adictóxenas deliberadas e profusamente aplicadas pola industria dixital. Procurarase facer visíbel osc ustos das tecnoloxías dixitais pola súa pegada ambiental e climática e pola perda de privacidade e o control social, como as denunciadas pola propia UNESCO.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.