O Concello de Padrón abre a inscrición o 2 de xuño para o Campus Deportivo de Verán 2025

23 Maio 2025

O Concello de Padrón organiza unha nova edición do Campus Deportivo de Verán, unha actividade que cada ano reúne a ducias de nenos e nenas para desfrutar do deporte, da natureza e da convivencia durante o período estival. O campus desenvolverase entre o 23 de xuño e o 29 de xullo, en horario de luns a venres, e estará dividido en dúas quendas: a primeira irá do 23 de xuño ao 9 de xullo, e a segunda do 10 ao 29 de xullo.

Está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2019, ámbolos dous incluídos, e contará cun total de 120 prazas, repartidas entre as dúas quendas. A matrícula terá un custe de 30 euros por participante e por quenda, aínda que se aplicarán descontos no caso de irmáns: 25 euros para o segundo e 20 euros para o terceiro e seguintes.

As inscricións deberán realizarse no rexistro do Concello de Padrón. Entre o 2 e o 8 de xuño estará aberto o prazo para persoas empadroadas no municipio, mentres que do 9 ao 15 de xuño poderán inscribirse participantes doutros concellos. A listaxe de admitidos e admitidas publicarase o 17 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello e tamén na páxina web municipal, www.padron.gal.

Para formalizar a inscrición, os pais, nais ou titores deberán entregar a ficha de inscrición cuberta e asinada. No caso de solicitar matrícula reducida para irmáns, tamén deberán aportar unha fotocopia do libro. Unha vez admitidos, será necesario realizar o pago na conta de ABANCA ES13 2080 5493 1631 1010 0019 e entregar o xustificante de pago na oficina de deportes do Centro Social antes do inicio do campus.

Ao longo do campus, os rapaces e rapazas poderán participar nun amplo abano de actividades como multideporte, xogos populares, marchas en bicicleta, sendeirismo ou actividades acuáticas na piscina da Esclavitude. Tamén se realizarán saídas especiais á área recreativa de Lamas, en Extramundi; propostas de aventura en Galipark; e, como colofón en cada quenda, unha excursión ao Aquapark de Cerceda, con transporte incluído.

O punto de partida habitual será o Pavillón Grupo Escolar, agás nos casos das actividades que teñan lugar noutras instalacións como a piscina da Esclavitude, Galipark ou a área recreativa de Lamas, onde os participantes deberán ser levados e recollidos polas familias. Para o correcto desenvolvemento das actividades, recoméndase levar roupa deportiva, gorra, auga e protección solar, así como roupa de baño, chanclas e toalla ou bicicleta e casco para as xornadas específicas.

O calendario de actividades, as bases de participación e a ficha para inscribirse poden descargarse na páxina web municipal, en formato PDF.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...