O Concello de Boiro executa as obras de renovación do pavimento e mellora da seguridade na subida a Espiñeira

05 Maio 2025

O Concello de Boiro informou de que xa se están a desenvolver as obras de renovación do pavimento e mellora da seguridade viaria na subida de Espiñeira, unha actuación dun importe de 147.100 euros. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron este luns 5 de maio o lugar onde se levan a cabo os traballos.

As obras que se están a levar a cabo contemplan a renovación do pavimento asfáltico en quente da totalidade da rúa no tramo que vai dende a rotonda de Cimadevila ata o acceso ao Polígono Industrial. “Esta é a principal vía de enlace entre o núcleo urbano e o polígono, así como o principal acceso ao instituto de Espiñeira, e precisaba dunha renovación para mellorar a súa seguridade tendo en conta o número de vehículos que circulan cada día por ela”, afirmou o alcalde.

Vaise realizar a reposición do pavimento asfáltico en quente cun espesor de 5cm, instalación de gardaraís nas beiras sen protección da subida con proteccións específicas para motos e pintura viaria para completar a seguridade viaria do tramo.

Esta actuación conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante o Plan de Obras e Servizos (POS+).

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.