O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolleu a presentación da andaina ‘Porto do Son 25km +15’

26 Maio 2025

O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolleu hoxe a presentación da andaina “Porto do Son 25 + 15km”, unha proba que forma parte da Liga Galega de Andainas 2025 e que está enmarcada no calendario de actividades da Federación Galega de Montañismo e da Liga Ibérica de Senderismo.
O Club Trabandainas organiza esta proba, que conta coa colaboración do Concello de Porto do Son, e que terá lugar o vindeiro domingo, 1 de xuño. As
persoas interesadas poderán inscribirse ata o 29 de maio, ás 23:59 h, a través da ligazón: https://trabandainas.com/inscricion-son/.
O percorrido será circular con dúas probas, unha de 25 km e outra de 15km aproximadamente cunha dificultade media, con saídas ás 9:00 h e 9:05 h
respectivamente. O punto de saída e de chegada será a fachada marítima de Porto do Son e a entrega de dorsais terá lugar en horario de 7:30 a 8:45 h. A proba tamén contará con 3 avituallamentos e petiscos ao final da ruta.
Tras a presentación, o concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, destacou que “Porto do Son é un municipio con moito arraigo e cultura deportista e este evento é un exemplo, sobre todo para os nenos e as nenas desta vila, de que o deporte é algo máis alá da competición, e que calquera persoa,
independentemente da súa condición física, pode facer deporte”.
Ademais animou a toda a veciñanza “a participar nesta andaina e desfrutar da proba e da riqueza paisaxística pola que discorre”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.