O alcalde do Son destaca o papel da Asociación de Xubilados na sociedade durante a presentación da súa nova directiva

21 Maio 2025

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañado polos membros do equipo de Goberno, participou no acto de presentación da nova directiva da Asociación de Xubilados.

O presidente da entidade, Antonio Juncosa, e o secretario, Fernando Rovelo, deron a coñecer aos socios e socias o equipo que liderará esta nova etapa, marcada polo impulso á participación e á actividade social das persoas maiores do municipio.

Durante o acto, o rexedor destacou o papel “fundamental” que desenvolven desde a Asociación, que “contribúe de maneira moi notoria a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas máis maiores. Desde o Concello sempre estaremos ao voso carón, impulsando o benestar e a cohesión social no municipio”.

Na entidade contan cunha completa programación de actividades na que se inclúen clases de baile en liña, ximnasia, roldas de xogos e baile con música en directo todos os sábados, ofrecendo alternativas de lecer saudables e espazos de encontro para a veciñanza xubilada.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.Albert Einstein: Alemania 1879 - EUA 1955. Físico e matemático. No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)permitiu a exclusión do...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.