O 24 de maio celébrase o Chopo Saleiro, un novo evento gastronómico en Ribeira

08 Maio 2025

Ribeira acolleu este xoves 8 de maio a presentación dunha nova cita gastronómica: Chopo Saleiro, un evento artellado pola asociación de hostalería Rúa do Sal que se celebrará o sábado 24 de maio e na que se porá en valor o chopo como produto local. Veciños, veciñas e visitantes poderán degustar o cefalópodo de diferentes formas e a maiores solidarizarse cunha boa causa.

Á presentación acudiron entre outros, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, a tesoureira da asociación rúa do Sal, Lucía Lampón, o director de Xestión da Nova Lonxa de Ribeira, Fernando Carreira, e a secretaria da Confraría de Pescadores de San Pedro de Ribeira, Ana Belén.

A concelleira de Cultura deu a benvida a esta nova cita gastronómica e resaltou a iniciativa da asociación na que o Concello colaborará coa amplificación do son, a publicidade e tamén coa achega do grupo de gaitas e pandeireiras -Airiños da Guía-, que amenizará a xornada. Alberte rematou salientando que “é unha primeira arrancada desta festa e desexamos que se consolide, que saia ben para poder facela os vindeiros anos”.

Lucía Lampón, tesoureira da asociación e propietaria dun local da rúa do Sal, informou que a tapa terá un custo de 5 euros e haberá tres tipos de preparacións, “arroz negro con chopo, empanada de chopo e o chopo guisado”.

Os asistentes poderán desgustar a maiores a tapa de cortesía da casa que sempre é de balde. Lampón tamén quixo informar sobre o carácter social da iniciativa, o prezo da tapa, “unha parte do mesmo irá ás asociacións de animais, Callejeros Barbanza e Safe an Angel”, tamén indicou que se doará o excedente para a Residencia do Maior de Ribeira.

Para finalizar a asociación agradeceu a implicación da Lonxa de Ribeira, da Confraría de San Pedro, de Peixes e Mariscos Bomar e do Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...