Noia acolle a presentación do libro sobre Alejandro Viana, heroe do exilio republicano

25 Maio 2025

A Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, en Noia, será o escenario este sábado 31 de maio ás 11:30 horas da presentación do libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, da man do seu autor, o xornalista e investigador Roberto Mera.

A obra, publicada pola editorial Belagua, pon en valor a figura de Alejandro Viana, un galego que xogou un papel clave no salvamento de centos de refuxiados republicanos tras a Guerra Civil, sendo un referente humanitario pouco coñecido. O libro foi recoñecido co Premio de Investigación e Ensaio Antón Losada Diéguez 2022.

No acto intervirán tamén o alcalde de Noia, Santiago Freire, e o catedrático de Xeografía e Historia, Raúl Soutelo Vázquez, quen acompañarán ao autor nesta homenaxe á memoria histórica.

A presentación está aberta ao público e busca ser unha oportunidade para reflexionar sobre o compromiso humano e a solidariedade nun dos períodos máis difíciles da historia contemporánea española.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.