Luis Oujo visita a mesa local de coordinación contra a violencia de xénero

24 Maio 2025

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, visitou este venres 23 de maio a mesa local de coordinación contra a violencia de xénero que tivo lugar no novo edificio do Club de Xubilados.

A reunión tamén contou coa presenza de Manuela Vilaboy Romero, xefa da Unidade Contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación de Goberno en Pontevedra, e Cristina Fontaíña, psicóloga do departamento de Benestar e Igualdade de Porto do Son.

As mesas locais nacen co obxectivo de canalizar os esforzos e recursos das diferentes institucións de cara á prevención e loita contra a violencia de xénero. A súa natureza insterinstitucional facilita o desenvolvemento de dinámicas cooperativas e o establecemento de redes de colaboración entre as diferentes institucións e colectivos sociais que interveñen no territorio.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.