“Lonxevidade, para que?”. Luís Celeiro

25 Maio 2025

Eran nenos e querían cumprir dezaoito anos para ser grandes, sen que pasara o tempo.
Agora cando xa teñen os seus anos querían ser mozos outra vez e seren sempre mozos,
novos eternamente. O novelista francés, Pierre Benoit, como moitos outros, non se
arrepentía das súas loucuras da xuventude, “o que máis me entristece é non poder
cometelas de novo”. Aí está, moita xente desconforme co que lle toca.
Quen vai pola beira do río andando, ao carón da natureza, observa como a melodía dos
paxaros é sempre a mesma, como a súa bondade é sempre a mesma e o tempo
regularmente repítese e fala co entorno, cos animais e coas plantas, que medran sen parar,
que morren, renacen e volven medrar, rendéndolle homenaxe a ese tempo que as entende
e as respecta, que fala con elas aínda que non diga nada e que tamén conversa coas pedras
faladoras, esas que contan os anos e os séculos por milleiros.
Quen puidera ver medrar ás pedras, igual que medran as herbas malas, igual que medran
velozmente os anos nos humanos, un tras de outro, ata o final. Cal será a razón pola que
non se poida ser sempre un ser vivo, ou cando menos, milenario. A vostede, cando lle
gustaría morrer? A ciencia non ten capacidade para descubrir tal cuestión, aínda que os
científicos andan niso, estudian a lonxevidade e relaciónana cos costumes de vida, coa
alimentación, coa actividade deportiva, coa xenética e con outras mil cousas máis.
O investigador Salvador Macip, catedrático de Medicina Molecular das Universidades
Oberta de Cataluña e da de Leicester do Reino Unido, asegura que na actualidade non hai
ningunha posible intervención que atrase o envellecemento biolóxico en humanos, pero
todo se andará, para que moitas persoas poidan vivir moitos máis anos, sen cancro, sen
alzhéimer, sen preocupacións e, cada unha delas, coa súa correspondente pensión en alza.
Se é así, todos contentos. E máis aínda ao saber que é importante durmir ben, ter un sono
de calidade para que o cebro descanse e poida seguir coa súa frenética actividade diaria.
Durmir seis ou sete horas seguidas, facer unha dieta saudable, como a dieta atlántica, e fuxir
da contaminación. Pero que ninguén se chame a engano. Como di a Tía Manuela,
“lonxevidade, para que?”

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.