“Galicia figura na listaxe de iconas industriais negativas de España” – Antón Luaces

06 Maio 2025

O pasado domingo, 4 de maio, máis dun cento de embarcacións (balsas, kayaks e piraguas) con varios tripulantes cada en súa, baixaron o río Ulla ata Padrón en protesta convocada novamente por plataformas veciñais e asociacións ecoloxistas contra o proxecto de macroplanta da celulosa Altri no concello lucense de Palas de Rei e unha mina de cobre a ceo aberto que é, polo de agora, a causa da máis sonora e evidente protesta cidadá provocada por unha mina tóxica que a Xunta quere reabrir a 30 quilómetros de Santiago, provocando vertidos contaminantes ao Ulla e este río, á súa vez, na ría de Muros-Noia que afectan ao peixe e o marisco presentes nesta e, polo tanto, a mariñeiros e mariscadores que viven dela.  

Altri e a mina verten ou verterán se chegan a abrirse (a primeira en Palas) e reabrirse (a segunda, en Touro-O Pino). A macrocelulosa de Palas de Rei acadou como proxecto a segunda peor puntuación entre todos os proxectos presentados para a recuperación e transformación económica (Perte) feitos públicos polo Ministerio de Industria, cun investimento global de 1.092 millóns de euros. Segundo a entidade ecoloxista Ulloa Viva o proxecto foi desestimado porque non cumpría coas esixencias de ser un proxecto tractor a respecto do concurso de combustibles sólidos “e polo tanto non poder ser subvencionable”.

A mina de Touro foi explotada a ceo aberto entre o anos 1974 e 1987. Nunca fora restaurada e realizaba vertidos de augas acedas. Foi acusada da inxección de metais pesados ao sistema fluvial do Ulla  e a ría de Arousa e tramita o proxecto de reapertura.

Máis non son estes os únicos nen os primeiros proxectos industrias (contaminantes) levados a cabo en Galicia. Por exemplo, a Central Térmica das Pontes, cuxa cheminea tiña unha altura de 356 metros e un diámetro de 36 (18 m. na súa cima). Esta central alimentábase con gas natural e carbón que sumaban unha potencia de 1.468 MW e un ciclo combinado de gas natural de 800 MW. Foi a compañía europea que ocupou a posición 17 (a primeira de España) entre as que emitían máis dióxido de carbono.

A provincia de Pontevedra ten tamén a súa eiva contaminante. Neste  caso, a celulosa de Lourizán, proxectada en 1955 e inaugurada por Francisco Franco en setembro de 1963. A súa xunta directiva fora condenada por delicto ecolóxico por vertidos ambientais realizados á ría de Pontevedra ata 1994.

Nos 800 Bens de Interese Cultural (BIC) catalogados pola Xunta, ocupan o legado industrial unha pequena parte na que figuran, entre outros, o complexo de Sargadelos (Cervo, Lugo), o museo Massó de Bueu (Pontevedra), o funicular aéreo de Valga (Pontevedra) ou a fábrica de luz do río Mao, en Parada de Sil (Ourense). Nesta listaxe de “iconas paisaxísticas” tamén aspira a entrar a torre de refrixeración da Central Térmica das Pontes. Obviamente, non figuran aquí as citadas anteriormente.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.