“Episodios con figuras, de M.A. Martínez Quintanar” – Xulio Xiz

08 Maio 2025

O pasado ano, Espiral Maior publicou dentro da súa colección de poesía os Episodios con figuras de Miguel Ángel Martínez Quintanar, profesor santiagués residente en Lugo. E se hai un par de meses me chamou a atención o libro, sorpresa moi grata, prometinme volver a el con máis repouso, para mellor dixerir estes fondos mensaxes poéticos.

Digo en primeiro lugar que o autor é amigo, e amigo de amigos, polo que sentía dobre curiosidade diante deste seu primeiro libro de poemas.

Quintanar é profesor de filosofía. Pensa e sabe. E inunda de coñecemento a súa expresión poética. E que agardase a superar o medio século de vida para publicar o seu primeiro libro poético, algo ten que significar, pois ten longa experiencia en traballos sobre filósofos clásicos e modernos, sobre escritoras portuguesas, textos para o ensino… e teño que mencionar – precisamente por amizade con ámbolos dous – os libros “Ser cidadán” e “Saber convivir” que en 2011 publicou con Manuel Regueiro Tenreiro (+).

Cada un dos episodios do libro ten a súa figura nun tempo ou acontecemento determinado… e están presentes grandes pensadores (Ortega ou Pitágoras; Freud ou Adorno; o estoico Epítecto ou o filósofo político Maquiavelo, e unha filósofa cega sen nome); escritores, aínda que algúns rebasan esa denominación (Sartre, Kafka, Roland Bates, Bacon…), con especial atención a creadores e artistas nosos, sexan Piñeiro e Celso Emilio; Urbano Lugrís e Xoán Montes, Cabanillas en Samos e Cunqueiro).

Para min que as figuras cobran vida e fanse protagonistas dos episodios, e Ortega (“non é iso; non é iso”), nun pesadelo nouturno comproba que “as hordas son un animal que sinte sede” mentres se lembra á filla de Pitágoras que gardou os Comentarios do seu pai, “porque o silencio tiña máis valor ca o ouro”.

Freud contempla un Felo de Maceda e pregúntase “O real, cando comeza?”; e compre subliñar o episodio do profesor marxista, decidindo “morrer cos ollos ben abertos para verlle á parca o seu baleiro”.

Quédome coa figura de Cilistro paseando pola muralla de Lugo , onde “pode cegar a expresión de néboa e ledicia”; con Maquiavelo, ao que “o poema recibe a graza de anticiparse o desastre”, e “é potentia de /voar/ no que se ignora” en tanto que “o poeta é alusión / covardía /en meditación”.

Marco Antonio soña conquistar a abandonada cidade da Xermanía, poboada “con ninguén”, que ten a “ciencia de vivir / sen especies nin viventes”.E non teño máis remedio que pararme na filósofa grega que “retorna a infancia na Lucenza” para, con señardade, lembrar que “Antes do eucalipto foi a Chaira / o froallo na carqueixa / o país de mil outeiros” para concluír que “Antes do eucalipto eu soñaba que este leiro / era cénit vertical / terra dentro sen un fóra / apertura en implosión”.

E ollando cara atrás admiro que “Cando Santiago non era Compostela /e as Torres do Oeste / aínda unha promesa”, a cidade non podía saber “ a razón daquela beleza”.

Teño que volver a este libro filosófico-poético, denso e profundo, onde as figuras son moito máis ca un pretexto e os textos que delas abrollan – Martínez Quintanar por medio – son como coroas ou pedestais que os fan máis reais e próximos; máis presentes e vivos.

Parabéns, Miguel Ángel, e grazas por ofrecernos figuras esenciais revividas en poéticos episodios coa claridade, a sinxeleza, a concisión, a firmeza destes “Episodios con figuras”.

Outros artigos

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

+

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

+

“O que menos necesita o mundo son máis guerras” – Antón Luaces

Israel acusa a España de "xogar un xogo raro e incomprensíbel, incumprindo as súas obrigas no marco da OTAN". Nada di da súa irresponsabilidade no incumprimento do Dereito Internacional. Donald Trump, presidente estadounidense, coida que España "é unha perdedora, son...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.