“Dario Álvarez Blázquez, médico humanista e galeguista”. Xosé González Martínez

11 Maio 2025

Coñecín a Xaime Seixas Subirach, o xesuita que acababa de chegar da república
dominicana, en maio de 1965. El foi quen me entregou os “Dez Puntos”, principios
fundacionais da UPG, da que cheguei ser cualificado dirixente. Xaime militara nos Ultreia,
organización nacionalista xuvenil fundada por Álvaro das Casas en 1932. A súa estadía
na república dominicana déralle a oportunidade de colaborar coa oposición ao dictador
Trujillo. O seu nacionalismo galego e compromiso cos movementos de liberación do
continente americano arrequeceron o seu perfil ideolóxico. É importante coñecer esta
circunstancia para comprendermos o ideario ideolóxico de Seixas na proximidade, moi
distinta da visión que algúns biógrafos divulgaron edulcodorando o seu pensamento ata o
punto de calificalo como “home santo”. Diso nada!. Seixas aceptaba como válidas todas
as formas de loita para que os pobos oprimidos, incluída Galicia, puidesen acadar a súa
liberación. Del aprendín esa lección que motivou a miña militancia nacionalista. Pero disto
poderemos falar noutra ocasión.
Rematado o Concilio Vaticano II, o “aggiornamento” abríu as portas para que o
catolicismo se inculturizase en cadansúa lingua. Seixas foi un militante adiantado en
Galicia, poñendo en práctica aquel aperturismo. O 25 de xullo, a chamada “misa de
Rosalía”, que desde había ben anos celebrabase en castelán na igrexa de San
Domingos de Bonaval, oficiouse por primeira vez en galego. Seixas, foi o oficiante; e eu o
acólito que presenciaba atónito desde o prebisterio aos vellos galeguistas asistentes.
Daquel suceso van aló sesenta anos!.
En Vigo Seixas formou un grupo de laicos para dinamizar os oficios relixiosos en lingua
galega. Ao fronte deles estaba o boticario Domingo Fernández del Riego, que todos os
xoves, rematada a xornada laboral, celebraba na rebotica unha tertulia á que asistían un
grupo de galeguistas cristiáns. Eu, con dezaseis anos tiven a sorte de participar naqueles
conciliábulos. Mais por pouco tempo, porque grazas ao influxo das lecturas de decenas
de libros marxistas que Xosé Neira Vilas me enviaba a través da embaixada cubana en
Madrid, arredeime do catolicismo con fundamentos científicos.
Pero son testemuña daquel esforzo de Seixas por galeguizar a fe católica. Por mediación
do doutor Dario Álvarez Blázquez, que era médicos dalgunhas institucións de
beneficencia, dirixidas por monxas, puídéronse utilizar as igrexias do Asilo de Anciáns e
as Trinitarias en Vigo, iso si, co acoso sistemático do bispo. Lembro como aquel sibarita,
“Fray José López Ortíz”, bispo da diocese de Tui-Vigo, “príncipe de la Iglesia” como
gustaba que o denominasen, acosou a Seixas enviando mesmo a Brigada Político-Social
da Comisaría de Vigo ( Waldo López Mazaira, (a) “A Pita de Pesqueiras”, París, Pardavila
(a) “A Cotovía”, Pastor e Mosquera) que entraron na sancristía intimidatoriamente,
comunicándolle que tiñan orde do Bispo “de llevarlo detenido a Comisaria, así como está
revestido, en caso de persistir en la intención de oficiar la misa en gallego”.
Seixas, que viña bregado da loita política contra o réxime de Trujillo, díxolles, sen medo,
que xa que o bispo lle impedía misar en galego, faríao en latín, pero nunca en castelán.
“Este rapaz -sinalándome a min- lerá certas preces en galego”. Asi foi. Eran curiosas
aquelas celebracións litúrxicas ás que acudíamos un número pequeno de participantes.

As presións de López Ortiz obrigaron ás monxas do Asilo a impedir o uso da súa igrexa.
As Trinitaria tiveron a mesma resposta: “Don Dario, nosotras debemos obediencia al Sr.
Obispo”. Sobre estes acosos da xerarquía da Igrexa e da inmensaria maioria dos cregos
-desestores do arado, que así foron calificados- tense escrito moito.
Hoxe traio a este espazo estas lembranzas vividas por mín, cando loitar pola
normalización da lingua galega nos actos litúrxicos, malia a autorización de Roma, tiñan
consecuencias por mor da represión exercida pola autoridades relixiosas e o brazo
executor da policía política do réxime franquista. A figura do doutor Dario Álvarez
Blázquez, creador dunha saga familiar galeguista, comprometido coa loita antifranquista,
será recordada proximamente nunha homenaxe que prepara a Irmandade da Sanidade
Galega na súa cidade natal de Tui, contando coas colaboracións do Concello e Xunta de
Galicia. Será unha nova oportunidade para poñer en valor o exercicio da medicina cos
valores do humanismo e o galeguismo.
*Presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...

+

“Caldaloba” – Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de Caldaloba, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto. Foi, á vez, un pracer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben, eu que só podo intuír e sentir a grandeza...

+

“El triunfo de los listos” – José Antonio Constenla

Hay una dicotomía semántica que la actualidad política española se ha empeñado en poner de actualidad, la diferencia entre listo e inteligente. La inteligencia consiste en comprender la realidad, mientras que la listura, en aprovecharse de ella. El inteligente inventa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estrelas de ouro”. Luís Celeiro

“Estrelas de ouro”. Luís Celeiro

Sería ben escoitar o falar da xente, tamén o daqueles que falan calando. É moi interesante egratificante o falar dos que escoitan e o daqueles que din algo, ese falar que é exactamente acontraposición dos que falan por falar. Uxío Novoneyra ten entre os seus poemas...