“Cruceiro de Nosa Señora de Belén(Moldes)”. Antonio González Millán

11 Maio 2025

Un monumento asentado nun deses lugares cheos de resonancias de antigos cultos druídicos que por sincretismo relixioso, é dicir, por una intelixente praxe de adaptación do vello e incorporación ao novo, foi asimilado e reformulado como lugar a propósito de cultos emerxentes.

Publico unha imaxe de ca. 1970, anterior á obra de reforma feita en 1985, e o debuxo de A. D. CASTELAO reproducido no ensaio “As Cruces de pedra en Galiza”. Por estas e outras imaxes podemos ver como, nos tempos pasados, e seguindo unha longa tradición, o arquitectónico, o escultórico e o pictórico eran un todo, unidade, e a policromía ese acabado propio dun cruceiro popular.

Podemos ver igualmente cómo aquel antigo cruceiro se erguía non sobre unha plataforma de chanzos moldurados, como hoxe, senon que a súa base era unha rocha natural, por diante en gran parte repicada (sucedería entre 1916, ano en que Kasado toma a súa instantánea desde monumento, e 1954, en que abren a estrada de subida aos cumios e miradoiros).

Era aquela rocha desaparecida unha testemuňa da prehistoria do Barbanza. Pois que non fai falla ser arqueólogo nin historiador nin teólogo para concluir que estábamos ante unha rocha con uso anterior en cultos “pagáns”. Cristianizada ao erguer sobre ela un cruceiro con capela. Nada raro, se temos en conta que na contorna subsistía a gran necrópole de mámoas que lembra este mesmo topónimo: MOLDES.

Ah, dos deuses de camiňos, da esperanza de cura para os vivos e da lembranza eterna para os mortos, da pedra… do lume… da luz na espesura dos arcanos montes… da auga que discorría tan preto… Celtismo!!

Era, segue a ser, cruceiro de conveniente disposición: (1) sinalaba e sacralizaba o lugar para o novo culto dominante; (2) respondía a un interese vial e fito xurisdicional como lugar de paso e como lindeiro entre termos parroquiais e municipais; (3) obedeceía e propagaba a modalidade de exteriorización da fe que propuňa o concilio de Trento (presenza da Virxe e o Neno ou do esmoleiro para sufraxio das misas pro ánimas do Purgatorio); (4) e si segundo sabemos por distintos documentos da Idade Moderna e sabedes incluso fotografías da década 1950, por estos lares caían nevadas… Ben fora por iso ou ben pola relación materno filial da escultura a que está consagrada a capela deste cruceiro… conserva o nome de cruceiro da Virxe de Belén ou de MOLDES.

CODA:

O lugar de MOLDES consta por apeo tomado a instancias do arcebispo de Santiago e do abade do mosteiro de san Paio de Antealtares, ca. 1306 – 1316, como pertencente a Santa Cruz de Lesón (A Pobra do Deán). Non creemos que os notarios nin os testigos que interveňen e declaran baixo xuramente e pena de excomunión (cousas sacrosantas as máis temibles e respetadas no século XIII e XIV) serían equivocados…

….Tampouco o estaban os monxes bieitos do real mosteiro de San Martiňo Pinario cando entregan en foro as terras pobrenses de San Amedio e Moldes a campesiňos (séculos XVII ata a desamortización)…

…Tampouco o estaba o erudito rianxeiro CASTELAO cando visitou, tomou apuntes e debuxou a lámina que dedica a este cruceiro co indicativo “Caramiňal” = ergo A Pobra do Caramiňal…

…Nin estaban os autores do Censo Oficial do Concello da Pobra do Caramiňal en 1925 cando rexistraron entre nós aos habitantes deste lugar de MOLDES…

O QUE DÁ PARA COMENTAR UN CRUCEIRO !!!

E deste queda un bo feixe de comentarios sobre as lendas, os ritos e as tradicións consuetudinarias. Mesmo das denuncias presentadas ante Patrimonio por un acto estúpido e feito delictivo (prohibido e sancionado legalmente) como ese empeňo dalgún cafre por “pintar” os surcos das distintas tipoloxías de cruces incisas nas caras do pilar sobre o que se ergue a capeliňa… Ou do que creu ver e interpretar… E da desfeita de sucesivas limpezas da pedra antiga con auga a presión: erosión, gretas, borrado das cruces.

Outros artigos

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

+

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

+

“Día das Letras, o valor da palabra herdada”. Alberto Barciela

Non é un cartel, nin un nome. A conmemoración anual do Día das Letras Galegas trascende o persoeiro celebrado, incluso a data, por festiva que sexa, para converterse nun referente da importancia cultural dunha lingua, dunha cultura, dun pobo. Un pode estar de acordo...

+

“50 anos dunha inmensa nube negra” – Antón Luaces

O accidente na ría da Coruña do petroleiro español "Urquiola"  vai 50 anos nunca será esquecido por cantos, aquel 12 de maio de 1976, tivemos que vivir -directa ou indirectamente- as consecuencias dun dos grandes desastres marítimos rexistrados en Galicia. E o do...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Arredor das Letras (I)”.  Xosé Antonio López Silva

“Arredor das Letras (I)”. Xosé Antonio López Silva

É xa un tópico sinalar o que revela sobre Galicia ter escollido o 17 de maio como unha das expresións simbólicas da nosa identidade cultural. O país a falar de si mesmo a través da homenaxe a unha figura literaria. A literatura como cerne da vida pública e da propia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.