Comeza o Mes das Letras en Muros con homenaxes ás cantareiras nos IES

09 Maio 2025

A programación do Mes das Letras do Concello de Muros comezou no IES As Insuas e o IES Fontexería, que acolleron esta semana obradoiro Onte e hoxe: Pandeireteiras, da man de Sara Fraga, e que serviu de homenaxe ás mulleres que mantiveron viva durante séculos a tradición oral e musical de índole popular.

“As pandeireteiras e as cantareiras, mulleres que mantiveron viva a tradición da poesía popular oral, son protagonistas este ano do Día das Letras Galegas”, lembrou a concelleira de Lingua e Ensino, Laura Rivadeneira, “e queremos como o ano pasado levar as Letras Galegas aos centros de ensino de Muros”.

“O legado da música e a poesía popular que se centra na tradición das pandeireteiras debe transmitirse de xeración en xeración”, afirmou a alcaldesa, María Lago, que agradeceu “o interese da comunidade educativa de Muros polas actividades do Mes das Letras”.

Programa do Mes das Letras en Muros

O Mes das Letras Galegas e a XVII Mostra de Teatro Xosé Agrelo inclúen este ano numerosas actividades para todas as idades dirixidas a celebrar a nosa lingua e a nosa cultura. Logo de varias citas culturais moi relevantes nos primeiros días de maio (incluída unha conferencia, este xoves 8, do muradán Henrique Monteagudo, presidente da RAG; e unha obra de teatro este venres 9 a cargo do Grupo de Teatro Terra de Outes: O doente imaxinario) celébranse as seguintes representacións teatrais no Centro Cultural e Xuvenil: O mestre de O Xeito Teatro (o 10 de maio ás 20.30h) e O espantallo da ANPA Ricardo Tobío (o luns 12 ás 11h). O martes 13 haberá un concerto de Brais das Hortas ás 11 (tamén no Centro Cultural e Xuvenil) e o mércores 14 representaranse as funcións teatrais Os viaxeiros do tempo e En efectivo ou con tarxeta, da asociación inclusiva local ADISBISMUR (ás 11.30 horas no Centro Cultural e Xuvenil).

O xoves 15 Talía Teatro representará Bicos con lingua no Centro Cultural ás 11.00 e ás 12.30 horas, e o venres 16 será a quenda de Aquelando Teatro, que achegará ao público muradán As piratas de Monte Louro (ás 11.00 horas). Na mesma xornada do venres, a Biblioteca Municipal acollerá o contacontos O corpo contado de Charo Pita, ás 18.00 horas. Polo serán, na antiga Fábrica de Sel presentarase o libro Sentinelas no limiar das tebras, de Alexandre Senande, ás 20h. Un pouco máis tarde, o Centro Cultural e Xuvenil servirá de escenario para a peza teatral Segredos de familia e licor café, da Asociación Teenses pola Igualdade.

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Concello participará no acto da ofrenda a Xosé Agrelo ás 13:30 horas na Alameda de Esteiro, organizado pola AC O Xeito. Actuará Mamá Cabra, co espectáculo Ondamini. Esa xornada rematará cunha foliada na Praza do Mercado, organizada pola ACRD Praia do Castelo.

O domingo 18 haberá un contacontos en San Francisco de Louro (Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas 2025, ás 17.30 horas) e unha peza teatral no Local Social da SCRD Esteirana: Castelao, un corazón á intemperie Fantoches Baj, ás 18h.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.