“Un paseo de follas de castiñeiros de máis de 200 anos: Catasós”. Antón Luaces

30 Abril 2025

A escritora galega dona Emilia Pardo Bazán escribiu boa parte da súa obra “Los pazos de Ulloa” nos soutos de Cardiego e de Quiroga, unha verdadeira fiestra aberta á riqueza histórica e botánica ás que a fraga de Catasós aporta igrexas, muiños, carreiros, camiños e rutas que conforman unha arquitectura popular recoñecida coma un Monumento Natural de pouco máis de catro hectáreas no noroeste da provincia de Pontevedra, na terra do cocido, Lalín.

Patrimonio público, neste territorio que é un  dos bosques autóctonos máis excepcionais de Galicia abrochan na súa masa arbórea exemplares de castiñeiros de máis de 200 anos de vida que acadan alturas superiores aos 30 metros (o que os converte nos máis altos de Europa) e máis de 5 metros de contorna. O problema -sempre hai algún para a sobrevivencia deste tipo de entornos- radica na conservación. Neste caso concreto, Catasós ten unha especie de sentencia, que pode ser de morte, debida á corta indiscriminada de árbores na contorna do Monumento Natural “As Fragas de Catasós”, para a construción da liña de alta tensión O Irixo-Lalín.  

 Son árbores que descenden, moitos deles, dos que serviron coma vigas dos pazos destas terras do Deza. Outros foron prantados no século XIX no pazo da familia Quiroga

(de aquí o nome co que se coñece: “Carballeira de Quiroga”) emparentados coa familia Pardo Bazán. Actualmente forma parte dun dos monumentos naturais galegos e ven ser unha das mellores mostras do bosque caducifolio atlántico de Galicia, con diferentes especies de alisos, fresnos, acivros, loureiros, sobreiras e bidueiras que conviven con carballos e castiñeiros.   

O lugar fora abandonado pola chegada dos árabes ata o século XII, cando se di que lle apareceu a virxe a uns pastores da zona,

O santuario da Nosa Señora do Corpiño, segundo unha lénda do século VIII foi acubillo dun eremita cuxa vida  era un exemplo para todos os habitantes. Ata tal punto foi así, que cando finou o ermitán a veciñanza acordou construir unha edificación para o seu corpo. Esta edificación pasou de ser unha capela a un santuario cuxos devotos atribúen  á santa propiedades curativas de doenzas físicas e mentais. A fraga forma parte do catálogo de Árbores Senlleiras da comunidade galega. 

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.