Rianxo celebra este venres o 50 aniversario da Revolução dos Cravos

25 Abril 2025

O Concello de Rianxo conmemora este venres 25 de abril o 50 aniversario da coñecida como Revolução dos Cravos, no día (unha xornada coma esta do 25 de abril hai xa medio século) no que o pobo portugués recuperou de xeito pacífico a liberdade após 48 anos de ditadura: “Unha data que representa a unidade na defensa da democracia e a xustiza social”, en palabras do Concello.

O Cuartel Vello de Rianxo vai acoller este venres 25 de abril a tradicional homenaxe do pobo de Rianxo á Revolução dos Cravos de Portugal (Revolución dos Caraveis). A XI convocatoria para cantar o Grândola celebrarase esta sexta feira, venres, ás 20.30 horas e terá novamente formato de encontro musical, conmemorativo e aberto, coa participación de Helena de Afonso, José Lara e Orjais.

Como lembraremos, tal día como este 25 de abril trunfou no país irmán, Portugal, a Revolução dos Cravos, que, impulsada polos capitáns do Exército, puxo fin a décadas de ditadura (en 1974) cunha revolución pacífica e solidaria na que as flores (os caraveis ou cravos) e a música de Zeca Afonso foron os principais estandartes.

O encontro deste venres en Rianxo será aberto a todas as persoas interesadas en participar, sen necesidade de inscrición previa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...