O Concello de Silleda e Amicos renovan o seu convenio de colaboración

30 Abril 2025

O Concello de Silleda asinou esta semana a renovación do convenio de colaboración coa asociación inclusiva Amicos, con sede no Barbanza, para fomentar o emprego das persoas con discapacidade. O acordo oficializárono na Casa Consistorial a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e o coordinador de Amicos, Keltoi Camean, nun acto ao que asistiron tamén a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, e o orientador Pablo Penide, por parte de Amicos.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e Keltoi Cameán, coordinador de orientación laboral de Amicos, asinaron o acordo polo que o Concello de Silleda alonga a cesión á entidade dun local na Casa da Xuventude, na rúa Trasdeza, para a atención ás persoas con discapacidade, ás que ofrece un servizo de orientación laboral.

Deste xeito, Amicos atenderá ás persoas con discapacidade que así o demanden todos os primeiros venres de cada mes no edificio municipal en horario de 09:00 a 14:00 horas. Un servizo que atendeu a máis de trinta persoas durante o pasado ano.

Este convenio ten por obxecto “dar continuidade á colaboración entre ambas entidades para desenvolver accións de cara a promover a integración social e laboral das persoas con discapacidade, mellorando a súa empregabilidade mediante asesoramento e a formación axeitada, ademais de realizar un labor de sensibilización no municipio sobre a necesidade de integrar socialmente ás persoas con discapacidade”.

Este servizo de orientación laboral inclúe, entre outras liñas de traballo, un diagnóstico individualizado dos perfís e deseño de itinerarios personalizados, prospección empresarial, xestión de accións formativas ou o deseño, planificación e execución de accións grupais de orientación.

A alcaldesa destacou que con esta colaboración o municipio de Silleda dá un paso máis “na necesaria inclusión das persoas con discapacidade, que suman neste colectivo un novo referente”.

Pola súa banda, Keltoi Cameán, agradeceu a colaboración do Concello de Silleda que se suma a outras localidades onde xa está a actuar Amicos, entidade fundada en Boiro no ano 2000.

Na sinatura estiveron tamén presentes Pablo Penide, orientador de Amicos, e a concelleira de Benestar e Igualdade, Ángela Troitiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.