O alumnado de Porto do Son matriculado nos seminarios do programa IV Ciclo da USC (programa Camiños de Coñecemento e Experiencia), que estende a formación da Universidade de Santiago ás persoas maiores de fóra de Compostela a través de convenios cos Concellos (por exemplo o de Porto do Son), visitou os días pasados a Biblioteca de San Francisco e o Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago, ao abeiro do programa de actividades do IV Ciclo.

Na Biblioteca de San Francisco, guiados polo frade Miguel de la Maya tiveron a fortuna de ver incunábeis e outras xoias bibliográficas coma a Biblia Políglota Complutense ou unha versión francesa da Metamorfose de Ovidio con gravados censurados
Mentres tanto, o outro grupo visitou o Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago, guiado polo técnico Arturo Iglesias. Na biblioteca puideron ver o facsímile do Calixtino, incunábeis, cantorais en gran formato e algunha obra prohibida pola Inquisición
Ambos os dous grupos visitaron logo unha selección do gran fondo antigo da USC con explicacións de José Manuel Vázquez, técnico do Museo Marea e docente no seminario que este ano foi adicado ao libros e as bibliotecas na Galicia dos séculos XVI a XIX.

Programa de actividades da USC en Porto do Son
25/03/2025 16:30-19:30h
Obradoiro: Poda de árbores froiteiras, forestais e ornamentais.
José Rial Budiño, profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC
26/03/2025 16:30-18:00h
Libros e bibliotecas da Galiza dos séculos XVI a XIX.
José Manuel Vázquez Lijó, doutor en Historia, profesor da UDC e colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC
28/03/2025 16:30-18:00h
A relevancia, a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial galego: unha aproximación á Historia da Música Galega e aos instrumentos de percusión.
María González Blanco, docente da Facultade de Ciencias da Educación e colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo e Lusine Grigoryan Zohrabyan, colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo
31/03/2025 16:30-18:00h
Visita ao Fondo Antigo da Biblioteca Xeral da USC e a Biblioteca-Arquivo da Catedral de Santiago
José Manuel Vázquez Lijó, Doutor en Historia, profesor da UDC e colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC
03/04/2025 16:30-18:00h
A relevancia, a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial galego: unha aproximación á Historia da Música Galega e aos instrumentos de percusión.
María González Blanco, docente da Facultade de Ciencias da Educación e colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo e Lusine Grigoryan Zohrabyan, colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.




