“Mexillón de Galicia” – José Manuel Pena

09 Abril 2025

Unha vez que se recoñece a evidencia de que Galicia é a Comunidade máis dependente da pesca de toda a Unión Europea chama poderosamente a atención que a pesca e o marisqueo galego teñan tan pouca representatividade nas institucións europeas. Pola contra non se entende como é que se en Galicia habendo máis de tres mil bateas, que representa o 94% da produción de mexillón en España e sendo o segundo produtor de mexillón do mundo, despois de China, sexan consentidas as masivas importacións de mexillón chileno e doutros países.

Segundo a entidade adscrita á FAO, Globefish, que é a responsable de facilitar información sobre o comercio pesqueiro internacional “o mexillón chileno castiga ao galego nos mercados…” . Entón habería que preguntarse que habendo mexillón galego como é que non se limitan as importacións desta especie procedente de países non comunitarios? Por que o 60% do mexillón enlatado é foráneo, segundo datos da patronal conserveira, e algunhas empresas transformadoras utilizan mexillón chileno e comercialízano como galego?

Que medidas tería que adoptar a Consellería do Mar e o Consello Regulador, xa que a promoción da denominación de orixe protexida do mexillón galego aínda non exerceu un efecto positivo nos prezos deste molusco?. Por que a Unión Europea non limita as importacións de países non comunitarios a condición de que haxa suficiente molusco para cubrir as necesidades da poboación así como do sector conserveiro?

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.