“Guerra”, de Teatro do Noroeste, recala en Rianxo os días 11 e 12 de abril

08 Abril 2025

O Auditorio de Rianxo vai acoller o venres 11 de abril e o sábado 12 a representación de Guerra, obra de Teatro do Noroeste escrita por Eduardo Alonso que, como se indica no seu nome, ofrece unha reflexión actual sobre as contendas mundiais que asolan repetidamente o mundo levando por diante vidas, futuro e esperanza. “A guerra”, adiantan, “é a expresión cruel do fracaso total, por iso nunca é unha solución, senón o máis grande dos erros”. Será ás 21.00 horas do venres e ás 20.30 do sábado 12. Trátase dunha peza para persoas maiores de 14 anos. A entrada será de balde até completar capacidade, con retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función.

A función do venres contará cunha posfunción cun coloquio co equipo e o elenco.

A peza sitúanos nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, cando comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en dous actores e catro actrices. As innumerábeis referencias ás guerras no Teatro Europeo, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.