Este domingo botámonos ao monte coa segunda edición da Andaina de Aballeira

24 Abril 2025

Este domingo, 27 de abril, a parroquia muradá de Abelleira celebra a segunda edición da súa andaina, logo do éxito da primeira convocatoria. Trátase dun percorrido organizado pola Comisión de Festas coa colaboración do Concello de Muros, destinado a reivindicar os tesouros ambientais, paisaxísticos e patrimoniais de Abelleira e da súa contorna. Serán 12 quilómetros de ruta circular con dificultade moderada-baixa. Saída de Sorribos ás 10:00 horas. A inscrición terá un custe de 12 e euros inclúe café, callos, petiscos e avituallamento.

“Trátase dunha moi boa iniciativa para fomentar os hábitos de vida saudábei e a convivencia”, explicou Damián Torea, concelleiro de Deportes.

Pola súa banda, a alcaldesa de Muros, María Lago, convida á veciñanza “a participar na andaina e a desfrutar da natureza en Abelleira”.

O Concello agradeceu ademais o traballo para a celebración da andaina da Brigada de Obras Municipal, Protección Civil de Muros, GES, Garda Civil e Policía Local.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.