Contedores incendiados en diferentes rúas da Pobra e lume nunha vivenda de Boiro

30 Abril 2025

O Parque Provincial de Ribeira interveu na extinción de varios incendios en contedores de lixo situados en diferentes rúas do Concello de A Pobra do Caramiñal: Díaz Rábago, Castelo e María Mariño.

En total arderon seis contedores en distintas localizacións. As intervencións realizáronse para evitar a propagación do lume a elementos próximos e restablecer a seguridade na vía pública.

Imaxes dos bombeiros dos parques de Ribeira e Boiro (Consorcio Provincial de Salvamento e Contraincendios)

Ademais, os bombeiros do Parque Provincial de Boiro recibiron este martes 29 de abril e un aviso informando dun incendio nunha cociña no lugar de Triñáns, na parroquia de Abanqueiro, no concello de Boiro. Unha vez no punto, procédese á valoración inicial, observándose gran cantidade de fume e identificando como foco o interior da cociña na parte dereita do baixo da vivenda. Non había persoas atrapadas.

Controlado o incendio, os bombeiros procederon á ventilación da estancia afectada e do resto da vivenda. Unha vez finalizados os traballos de extinción e ventilación, recóllese o material empregado.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.