Boiro acometerá a rehabilitación integral da Casa da Cultura cun investimento de 3,8 millóns de euros. Video

26 Abril 2025

O Concello de Boiro levará a cabo a rehabilitación integral do auditorio da Casa da Cultura, unha actuación que contará cun investimento de 3,8 millóns de euros financiados polo Goberno do Estado a través dos fondos do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP).

O proxecto contempla a ampliación do auditorio, que pasará a dispoñer de 535 prazas, así como a renovación integral da biblioteca, que incluirá unha sala de estudo e unha ludoteca. Tamén se reformará a área administrativa do inmoble.

A actuación ten como obxectivos principais garantir a accesibilidade universal e mellorar a eficiencia enerxética do edificio, modernizando así un espazo clave para a vida cultural e social de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.