ADEGA consegue reunir en “tempo récord” o apoio necesario para emprender a loita xudicial contra Altri

16 Abril 2025

A oposición ao proxecto de Altri e a súa consecuente loita xudicial foi quen de reunir “nun tempo récord” máis de 39.000 euros a través da campaña de recadación solidaria Xustiza para o Ulla, impulsada pola organización ecoloxista ADEGA para a defensa xurídica do río Ulla e da ría de Arousa fronte á macrocelulosa de Altri e a mina de Touro-O Pino. Así o fixo saber a organización ecoloxista galega ADEGA, engadindo que “abondaron 19 días para alcanzar o obxectivo económico cuxo prazo límite de recadación estaba previsto para o día 28 de xuño”. 

Os fondos recadados a través deste primeiro reto solidario, permitirán a ADEGA iniciar a loita xudicial contra a industria de celulosa que prevén implantar Altri e Greenalia en Palas de Rei. En concreto, a organización xa está en disposición de poder afrontar con “suficientes garantías técnicas, xurídicas e económicas”, dous recursos contencioso-administrativos no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG): 1. A impugnación da Autorización Ambiental Integrada (AAI) do proxecto de Altri e Greenalia, anunciada para antes do verán, e 2. O recurso contra a denegación da solicitude de arquivo do trámite da concesión de augas, por ter excedido o prazo máximo para a súa resolución sen que esta se producise. 

ADEGA sinala que o devandito “é o paso inicial dunha longa contenda xudicial contra a Xunta de Galiza e o proxecto de Altri, perante un Goberno galego que está disposto a sacrificar sectores socioeconómicos estratéxicos para o país, como a agricultura ou a pesca, e os valores ambientais, culturais e sociais vinculados ao río Ulla e á ría de Arousa, con tal de favorecer os intereses privados das promotoras amigas Altri e Greenalia”, sostén a organización, ao tempo que salientou “o éxito da campaña de doazóns, á que contribuíron varios centos de persoas e colectivos, demostrando unha vez máis o masivo rexeitamento da cidadanía galega a este proxecto altamente contaminante e depredador co territorio”. ADEGA manifestou o seu “fondo agradecemento pola solidariedade demostrada do pobo galego na defensa da terra e pola confianza depositada na equipa técnica e  xurídica da organización ecoloxista para enfrontar a contenda”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.