A Pobra do Caramiñal celebra o 23 de abril cunha solta de libros e un contacontos

21 Abril 2025

A Pobra do Caramiñal celebra o Día Internacional do Libro cunha xornada chea de actividades dirixidas a todos os públicos. Patricia Lojo, concelleira de Cultura, explicou en que consistirán os eventos previstos para o vindeiro mércores, 23 de abril:

Ás 16:00 h comezará a solta de libros, unha actividade que “ten como obxectivo incentivar a lectura en todas as idades, cun formato diferente ao que a veciñanza está acostumada, como os intercambios de libros de segunda man. Nesta ocasión, os libros que se repartirán pola vila son novidades moi recentes”.

Ás 19:00 h celebrarase a presentación e contacontos de Las princesas también tienen los pies apestosos, un libro bilingüe (castelán e inglés), que será presentado pola súa propia autora, Lynette White.

Pola súa parte, Loló Fernández, bibliotecaria da Pobra do Caramiñal, achegou máis detalles sobre a solta de libros: “Repartiranse catro exemplares de libros actuais por diferentes puntos do pobo, escollidos por seren lugares emblemáticos e relacionados dalgún xeito coa literatura ou con escritores. Os libros estarán destinados a público infantil, xuvenil e adulto”. Segundo engadiu Fernández, as persoas participantes deberán achegarse á Biblioteca para recoller unha única pista por unidade familiar, relacionada con cada libro, para así poder atopalo. “Recomendamos vir cedo, para ter máis posibilidades de éxito. Unha vez atopado o exemplar, convidamos a volver á biblioteca para amosalo!”, engadiu Fernández.

Sobre esta mesma actividade, a concelleira Patricia Lojo quixo engadir: “No caso de que algún exemplar non sexa atopado, será recollido e posto á disposición da veciñanza na Biblioteca Municipal. Non queremos que ningún libro quede sen ser lido!”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.