A Copa Galega de Fútbol Gaélico xógase en Ribeira o 26 de abril

16 Abril 2025

Este 16 de abril celebrouse en Ribeira a presentación da Copa Galega de Fútbol Gaélico que se vai a celebrar o vindeiro sábado 26 de abril no Complexo Deportivo da Fieiteira; á presentación acudiron, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, o presidente do Club Galicia Bealo, David Rodríguez e o representante do club, Nino Álvarez.

Tras a exitosa Copa Galega Boiro 2024, a Asociación Galega de Fútbol Gaélico, adscrita á Real Federación Galega de Fútbol, acordou facer unha excepción neste 2025 e repetir por primeira vez a Copa Galega nunha mesma comarca.

O Concello de Ribeira porá a disposición as instalacións do Complexo Deportivo da Fieiteira para acoller a Copa Galega, garantindo “así o correcto desenvolvemento das competicións tanto feminina como masculina”, explicou Vidal.

Deste xeito, o campo de herba artificial acollerá durante toda a mañá a fase de grupos feminina, mentres que no campo de céspede natural disputarase a fase de grupos masculina e, posteriormente, todas as fases finais.

As finais absolutas serán retransmitidas pola TVG a partires das 17:00h, polo “que animamos á veciñanza a achegarse á Fieiteira e amosar, coa súa ledicia e enerxía características, o máximo apoio a esta fermosa iniciativa” sinalou Xabier Vidal, quen lembrou que Ribeira atopábase xunto con outras candidaturas para optar á celebración da Copa Galega e tivo a honra de ser elixida: “É un orgullo para a nosa cidade acoller esta edición da Copa Galega de Fútbol Gaélico”, sinalou Vidal e tamén informou que é un deporte en auxe en Galicia, “onde hai maior número de equipos inscritos a nivel do estado e ademais contamos coa selección galega masculina e feminina”.

Pola súa banda, Nino Álvarez agradeceu á Asociación Galega de Fútbol Gaélico, a Real Federación Galega de Fútbol, ao Concello de Ribeira, así como o apoio “das entidades patrocinadoras e dos voluntarios que fan posíbel a celebración desta cita deportiva”.

Suárez-Puerta informou que a entrada será de balde e animou á veciñanza “a gozar da oportunidade de coñecer este deporte”, tamén como concelleiro de Turismo sinalou “que é unha boa oportunidade para desestacionalizar xusto despois de Semana Santa”.

Actividades paralelas e terceiro tempo

A organización tamén convidou ás persoas asistentes a participar no tradicional “terceiro tempo”, un espazo de confraternización no propio Complexo Deportivo, onde se entregarán os trofeos correspondentes a cada categoría e se realizará un recoñecemento especial aos dous mellores xogadores do torneo que despois trasladarase ás rúas de Ribeira para mesturarse coa veciñanza.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.