A Casa da Cultura de Lousame acolle ata o vindeiro 29 de abril a exposición do premio de fotografía Luís Ksado

10 Abril 2025

Desde este xoves 10 de abril e ata o vindeiro 29 de abril, a Casa da Cultura de Lousame acolle a exposición do XVIII Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica, impulsado pola Deputación da Coruña. A mostra foi inaugurada esta mañá pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, quen estivo acompañada por varios integrantes do equipo de Goberno como os concelleiros de Economía, Esteban Ares; Obras, Ramón Martínez; Deportes, Mariel Agrafojo; e Seguridade Viaria, José Antonio Ces.

Esta exposición está composta polas coleccións gañadoras do XVIII Premio Luís Ksado, así como por unhas selección das distintas obras que se presentaron ao certame. As persoas que desexen visitala poderán facelo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas ata o 29 de abril. Polas tardes e durante as fins de semana, a veciñanza poderá desfrutar dela durante a celebración das actividades programadas polo Departamento de Cultura.

XVIII Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica

O pontevedrés Vicente Fraga foi o gañador desta última convocatoria, pola súa colección titulada Ailén. Foi seleccionada entre as 55 obras que se presentaron a concurso. A Mención de Honra foi para a serie Nordés, do ourensán Miguel Muñiz.

O xurado tamén seleccionou outras catro coleccións (Fin da faena, A quen, O terremoto de Turquía, Usar e tirar, perversa moda rápida) que forman parte do catálogo e da exposición itinerante que o certame leva a cabo cada edición en concellos de toda la provincia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.