A Asociación de Empresarios de Ribeira engade á campaña de Pascua o sorteo de cinco entradas para asistir ao Tributo a Mecano

09 Abril 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira fixo un primeiro balance do desenvolvemento da campaña Pascua no Comercio Local, activada para dinamizar as compras nos establecementos de proximidade durante esta Semana Santa (e tamén antes e despois das celebracións relixiosas).

Segundo fixo saber a patronal, a campaña está a resultar un éxito de participación por parte da veciñanza e, con este motivo, a asociación de empresarios decidiu que vai premiar a fidelidade da cidadanía cos seus comercios engadindo novos premios á iniciativa: cinco entradas dobres para desfrutar da actuación Tributo a Mecano, Non tes nada que perder, que se celebra o vindeiro 19 de abril no Auditorio de Ribeira. As entradas sortearanse desde este mércores 9 pola tarde ata o martes 15. Esta campaña esta co-financiada pola Xunta de Galicia.

Este sorteo encádrase como dixemos na campaña Pascua no Comercio, que se desenvolve dende o 4 até o 20 de abril, sorteando 150 euros en vales de compra, co que a patronal de Ribeira busca “incentivar as compras nos establecementos de proximidade neste tempo de Semana Santa” e, tamén, nos días previos á celebración. Con cada compra os clientes poden participar no sorteo rexistrando o seu tícket na páxina web empresariosriveira.com ou escaneando os código QR que estará presente nos carteis e flyers repartidos polos comercios e establecementos asociados.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.