550 prazas para rutas guiadas gratuítas polas Illas Atlánticas durante a Semana Santa

08 Abril 2025

No caso de Cortegada e Sálvora, onde non hai transporte regular, o Parque xestionará o desprazamento e os participantes deberán aboar o prezo do billete seguindo as instrucións recibidas.

Sálvora- O Barbanza

A Xunta de Galicia porá a disposición da cidadanía un total de 550 prazas para participar en rutas guiadas gratuítas polo Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas durante esta Semana Santa. Do total, preto de 135 xa poden reservarse en liña a través da central de reservas do Parque Nacional, mentres que o resto estarán dispoñibles de forma presencial nas casetas de información das illas Cíes e Ons.

As visitas estarán dirixidas por guías profesionais e teñen como obxectivo achegar ao público o patrimonio natural e ambiental dos arquipélagos, así como aspectos destacados da súa historia. Están deseñadas para grupos reducidos, o que garante unha experiencia de calidade, máis personalizada e respectuosa coa contorna natural.

Nas illas Cíes e Ons haberá rutas guiadas todos os días, con diferentes horarios, itinerarios e contidos, abordando temas de fauna, flora, xeoloxía, paisaxe e historia. Ademais, ofreceranse rutas especiais a miradoiros os días 13, 17, 18, 19 e 20 de abril, todas elas ás 12:00 horas.

A programación tamén inclúe actividades pensadas para o público infantil. É o caso de Detectives na praia, unha proposta para nenas e nenos de entre 5 e 12 anos que lles permitirá descubrir rastros de animais e algas e coñecer mellor a vida mariña. Esta actividade desenvolverase o día 15 de abril pola tarde nas Cíes e o domingo 20 pola mañá na illa de Ons.

Noutras illas do parque tamén se ofrecen visitas temáticas. Na illa de Cortegada terá lugar o domingo 20 de abril pola mañá a ruta O segredo dun bosque no medio do mar, centrada en contidos históricos e botánicos. En Sálvora, a proposta Esculturas e lendas permitirá coñecer as súas rochas, o faro, a aldea e o pazo o mércores 16 de abril pola mañá. Neste caso, as prazas deberán reservarse exclusivamente a través da central de reservas do Parque Nacional.

Desde a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático lembran que estas rutas forman parte dunha oferta habitual durante os períodos nos que hai servizo regular de transporte marítimo ás illas Cíes e Ons. Así mesmo, nas catro illas do Parque existen itinerarios sinalizados para a práctica do sendeirismo, con folletos explicativos dispoñibles tanto nas illas como na web do parque.

Para acceder ao Parque Nacional durante a Semana Santa é imprescindible adquirir un billete de barco con algunha das navieiras autorizadas. Unha vez comprado, quedará confirmada a autorización de acceso que será remitida por correo electrónico. No caso de Cortegada e Sálvora, onde non hai transporte regular, o Parque xestionará o desprazamento e os participantes deberán aboar o prezo do billete seguindo as instrucións recibidas.

As prazas para realizar estas rutas guiadas poderán reservarse unicamente a través da central de reservas do Parque.

A maiores, en todas as illas, existen itinerarios sinalizados pensados para visitantes que queiran practicar sendeirismo neste espazo natural. Cada unha destas rutas está marcada cunha cor e tanto nas propias illas como na web do parque hai dispoñibles folletos explicativos cos percorridos .

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...