Un cento de persoas gozaron do Entroido do Centro de Día de Lousame

04 Marzo 2025

Máis dun cento de persoas, entre maiores, familiares e músicos, participaron Festa de Entroido no Centro de Día de Lousame. A festa foi o pasado venres 28 de febreiro pola tarde e contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, quen amosou a súa satisfacción “pola activa participación dos nosos maiores nesta festa, elaborando os seus disfraces e bailando algunhas pezas ao ritmo da música de O Son do Pote, a quen agradecemos unha vez máis a súa colaboración nestes eventos”.

A música correu da man de O Son do Pote, cuxos integrantes apareceron tamén disfrazados e interpretaron diversas pezas tradicionais. Pola súa banda, as persoas usuarias do centro de día lousamiá elixiron este ano a temática pirata para os seus disfraces, polo que ían caracterizados cos seus gorros e traxes. Uns disfraces elaborados por eles mesmos con materiais de refugallo e nunhas instalacións decoradas con motivos de Entroido coas creatividades realizadas tamén polos eles mesmo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.