“Santi de Paradela, amigo”. Xulio Xiz

20 Marzo 2025

Santiago Rodríguez, Santi, fillo do escritor Manuel Rodríguez López, coma el persoeiro de Paradela, era todo amor para Mary, a súa muller; Carlos, o fillo; Irene, a nai; Enrique, o irmán. Tiña como amigos fervorosos a todos os que fóramos amigos de seu pai, e moitos máis que el colleitou.

Era un xigante en memoria, intelixencia, vontade e traballo, e xa que Galicia non é quen de acoller a todos os fillos sobranceiros, foi en familia ao Reino Unido onde – especialista en xenética – foi profesor, formador de doutorandos, e catedrático aos cincuenta e dous anos. E hai un ano deixounos físicamente cando todo na vida lle sorría. E a familia e os amigos quedamos orfos dun dos mellores homes que na vida puidemos coñecer.

A súa devoción polo pai levouno a un estudo meticuloso da vida e obra, á divulgación da obra do escritor paradelense, gardando del memoria e espallando de xeito incansable o seu papel na cultura e na vida de Galicia.

Segue vivindo entre nós porque a súa entrega exemplar como marido, pai, fillo, irmán, intelectual, profesor e amigo segue presente en cantas accións se poidan emprender, xa que en todas atoparemos a súa pegada, o seu traballo, a súa intelixencia consciente de galego devoto da terra dos seus devanceiros, pola que tanto traballou.

Unha obra póstuma de Santi, rescatada por Carlos, o seu fillo, prologada por Mero Iglesias Dobarrio e con epílogo de Xavier Rodríguez Barrio, axiña verá a luz, na honra do pai escritor e de Paradela, o pobo que ao pai fixo Fillo predilecto, e a Santi Fillo Adoptivo. Xerenoso sempre, deixou disposto que ese libro fose dedicado ao seu fillo e a min, para vencellarme aìnda máis coa familia, xa que fun amigo de seu pai; el herdoume como amigo e estreitou o lazo; e agora – con toda a familia – co seu fillo Carlos, digno herdeiro de tanta intelixencia e tanto amor.

Outros artigos

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.