Rianxo celebra o Día do Autismo cun manifesto institucional, charlas e unha andaina solidaria

29 Marzo 2025

O Concello de Rianxo conmemorará o Día Mundial do Autismo, o vindeiro 2 de abril, cunha “programación especial” orientada a reivindicar a necesidade de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e promover a súa participación en todos os ámbitos da sociedade.

O mércores 2 celebrarase ás 17.00 horas a lectura dun manifesto no Pazo de Rianxiño e iluminarase a fachada da Casa Consistorial.

O xoves 3, ás 18.30 horas, desenvolverase un relatorio de Sandra Fernández (A ansiedade no autismo) no Pazo do Martelo e o venres 4 volverán as charlas ao Pazo de Martelo con A sexualidade e o autismo, a cargo de ASPERGA.

Estas actividades formativas e divulgativas irán orientadas aos clubs deportivos do municipio, entidades asociativas e ao conxunto da veciñanza.

O domingo día 6 de abril o municipio rianxeiro acollerá a II Andaina Solidaria da Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza – BarbanTEA. Organiza o Servizo de Deportes do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.