Os establecementos Nordestada (Portosín) e Meloxeira Praia (O Grove), recoñecidos cun Sol pola Guía Repsol

18 Marzo 2025

Galicia conta desde este 18 de mazo con catro novos restaurantes recoñecidos con 1 Sol Guía Repsol e entre estes catro establecementos hai un da comarca do Barbanza, o Nordestada de Portosín (Porto do Son), e outro do Salnés: Meloxeira Praia, de O Grove. Os outros dous son Indómito (Santiago de Compostela) e Marmurio do Rio (Allariz).

Con estas incorporacións, Galicia suma un total de 43 restaurantes galardoados: 2 con Tres Soles, 13 con Dous Soles e 28 cun Sol.

O premio ao Nordestada de Portosín foi recollido por Nel Parada, responsábel do establecemento e nomeado para o Premio Cociñeiro Galego 2025.

Nel está ao mando dos fogóns do Nordestada, un restaurante emprazado a carón do mar, na dársena de Portosín, situado na lonxa vella da vila (no número 11 da praza do Curro). A súa cociña baséase en facer unha permanente homenaxe aos produtos do mar da súa vila de adopción, convertendo os peixes de lonxa (sobre todo á brasa) nos grandes protagonistas.

A calidade e frescura do produto é unha das claves do local. Para asegurar estes dous factores, Nel ten contacto directo cos provedores; moitos levan o produto nada máis desembarcar en porto, outros vai recollelos ao propio barco ou á lonxa.

Nel Parada, responsábel do Nordestada

Polo que se refire a Meloxeira Praia, a distinción foi recollida polo chef Álvaro Fuentes.

Meloxeira Praia é un destacado establecemento situado na estrada de San Vicente do Mar, no concello do Grove. Destaca polos seus arroces, salpicóns e fideuás con produtos do mar. Trátase dun restaurante de praia reconvertido polo chef Álvaro Fuentes no “primeiro gran chiringuito gastronómico de Galicia”, en palabras de Repsol, engadindo que neste local “o compoñente mariño é lóxico e evidente, con propostas tan destacadas como a súas ameixas á tixola, xurelo con cachelos, lagostino sobre foie fresco ou espetada de rabada e lagostino”.

Álvaro Fuentes, de Meloxeira Praia (O Grove)

O presidente de Canarias, Fernando Clavijo, deu a benvida á gala, que se celebrou no Teatro Guimerá de Santa Cruz de Tenerife. O presidente de Repsol, Antonio Brufau, destacou “a vontade dos chefs por impulsar economicamente a contorna, colaborando con produtores, artesáns e outros negocios locais, un compromiso que crea comunidade e é clave para seguir crecendo”.

Pola súa banda, María Ritter, directora de Guía Repsol, apuntou que “o concepto de casa de comidas contén ingredientes tan poderosos como a autenticidade, a proximidade e o orgullo de converter o legado en pratos sorprendentes. Nas casas de comidas fraguáronse grandes nomes da cociña, como Arzak, Berasategui, os irmáns Roca, entre outros. Hoxe, moitos dos novos Soles Guía Repsol de 2025 tomaron a testemuña”.

A gala foi conducida pola actriz Toni Acosta e a presentadora Lorena Castell, quen contou coa complicidade de chefs como Alberto Chicote, Paco Roncero, Elena Arzak e Toño Pérez, nun evento no que prevaleceu o humor.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

Muros vibrou este luns 5 coa espectacular visita dos Reis Magos

A AC Fouleada e o Concello de Muros organizaron un amplo programa de actividades festivas e de lecer para recibir e acompañar, este luns 5 de xaneiro en boa parte do concello muradá, ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.