O Tribunal Supremo ratifica a condena de 12 anos e medio de prisión por homicidio doloso en Ribeira

26 Marzo 2025

O Tribunal Supremo desestimou o recurso presentado pola acusada e confirmou a sentenza de 12 anos e medio de prisión imposta a Pilar Fernández, responsable do accidente de tráfico no que perderon a vida dous mozos en Ribeira no ano 2019.

O sinistro tivo lugar na tarde do 4 de maio, na estrada entre Ribeira e A Pobra, á altura de Palmeira. A condutora invadiu o carril contrario nunha curva e impactou frontalmente contra o coche no que viaxaban Sara e Abraham, de 28 e 29 anos, respectivamente, que faleceron no acto. As probas demostraron que a acusada conducía baixo os efectos do alcol e fármacos, ademais de superar en 60 quilómetros por hora o límite permitido na vía.

A sentenza considera probado que, antes do accidente mortal, a condutora xa puxera en risco a vida doutros usuarios da vía. “Non só se xulga a morte dos dous mozos, senón que quedou acreditado que a acusada era consciente do perigo que xeraba”, explicou o avogado da acusación, Ramón Siaba.

O caso senta un precedente legal ao cualificar o delito como homicidio doloso en lugar de imprudencia temeraria, o que conleva penas máis severas. Mentres que a imprudencia temeraria podería ser castigada cun máximo de catro anos de prisión, o homicidio doloso pode acadar os 15 anos.

Ademais da pena de prisión, a sentenza inclúe a prohibición de conducir para Pilar Fernández durante oito anos. A acusación solicitará medidas cautelares para garantir que a condenada non eluda a xustiza antes do seu ingreso en prisión.

As familias das vítimas expresaron a súa satisfacción coa resolución xudicial. “Non buscan vinganza, senón xustiza, e consideran que esta sentenza a representa”, concluíu p avogado.

Sinistro en Palmeira o 4 de maio de 2019

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.