O sábado 29 de marzo celébrase a XIII Velada de Boxeo Cidade de Ribeira

28 Marzo 2025

Este xoves 20 de marzo a Escola de Boxeo El Canario e o Concello de Ribeira presentaron os detalles da XIII edición da Velada de Boxeo Cidade de Ribeira. Ao acto de presentación acudiron o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, a responsábel da Escola de Boxeo El Canario, Clara Millares, xunto cos boxeadores, Mauro Enguix e Juan Antonio. Informaron que a velada celebrarase o sábado 29 de marzo no Pavillón Alcalde Torres Colomer e consistirá en dúas sesións; unha primeira de balde pola mañá sobre as 11:00 h co Campionato Galego de Formas de Boxeo en Idade Escolar e Diversidade Funcional (con participantes de toda Galicia desde os 6 até aos 16 anos; do club ribeirense van participar sobre 20 rapaces e rapazas máis 4 membros da asociación Ambar) e unha segunda que será a velada de boxeo en si mesma, a partir das 19.00 horas (abriranse as portas media hora antes).

Haberá 8 combates de boxeo, un deles feminino e competiran dous rapaces do club, Mauro e Juan Antonio.

Vicente Mariño animou á veciñanza a asistir a esta velada “para achegarse e coñecer este deporte máis polo miúdo”, tamén rematou agradecendo ao club por “facer rexurdir este deporte no municipio”.

Clara Millares tamén animou á asistir a este importante evento deportivo “que cada ano colle máis forza e neste ano veñen oito clubs de toda Galicia”. Para finalizar agradeceu ao Concello pola implicación e apoio.

O prezo das entradas será de 10 euros e estarán á venta na sala da Escola de Boxeo el Canario na rúa Carlos Casares en Ribeira e no bar Tenerife en Carreira, tamén se poderán adquirir o mesmo día do evento.

Outros artigos

A Banda de Noia abre as portas a un novo curso

Xa está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música da Banda de Noia para o curso 2026/27, en palabras do Concello "unha oportunidade para aprender, gozar da música e formar parte dunha entidade que leva xeracións poñendo banda sonora á nosa vila". Haberá...

+

En Rianxo, a AECC pon en marcha o Club de Saúde

A Asociación Española Contra o Cancro pon en marcha en Rianxo o Club de Saúde, un programa gratuíto e dirixido a persoas con cancro, superviventes e familiares. De setembro a novembro, comezando o 24 de setembro, celebraranse oito obradoiros de saúde física, emocional...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.