O Encontro das Persoas Maiores de Ribeira que se celebra este domingo supera as expectativas de participación

21 Marzo 2025

A participación prevista no Encontro das Persoas Maiores de Ribeira, que se celebra este domingo 23 de marzo, superou este ano as expectativas. Segundo fontes do departamento de Servizos Sociais, presidido polo tenente de alcalde, Vicente Mariño, a venda de boletos para a comida-encontro dos maiores de Ribeira, “foi un éxito rotundo tanto pola loxística da venda masiva como na súa celeridade, “xa que se repartiron 1.000 boletos en menos de 48 h”, sinalou o tenente de alcalde. Para a ocasión reforzouse o número de funcionarios, incorporáronse cadeiras e marcouse un fluxo constante sen interrupcións.

Maríño de Bricio manifestou que “para min este ano rompeu tódalas marcas, o aforo completouse no albor establecido e tamén resaltar que só se venderon a veciños e veciñas empadroados en Ribeira”.

Este ano introduciuse por primeira vez a exaltación dun produto local e o designado para esta edición foi o percebe de Aguiño que segundo fontes da Confraría de Carreira-Aguiño habilitouse para a ocasión a zona de norte que transcorre por todo o litoral costeiro dende Espiñeirido até o Feltro cos Petóns incluídos. A pesar do mal tempo os percebeiros lograron cumprir co obxectivo de capturar 200 kg do pércido marisco nunhas rochas de especial valor e risco.

Tamén haberá un servizo de autobús con saídas dende o apeadoiro ou estación de autobuses cara ao Pavillón da Fieiteira.

Dende a Concellería de Servizos Sociais adiantan que están preparadas sorpresas na comida e agradecen de forma particular aos veciños e veciñas que estiveron facendo cola para mercar os boletos.

Outros artigos

Falece en Ribeira Juan Pérez Pérez, “Tallada”, aos 92 anos

Ribeira despide a Juan Pérez Pérez, coñecido como “Tallada”, falecido este xoves aos 92 anos de idade. A súa morte deixa fonda pegada entre familiares, amizades e veciñanza, onde era unha persoa coñecida e desenvolveu labor como presidente da Cruz Vermella de Ribeira....

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los tornillos de la nave Orión”. Mario Clavell

“Los tornillos de la nave Orión”. Mario Clavell

Con el corazón en puño seguimos durante diez días la operación Ártemis II. Cuatro adultos pasaron diez días volando a cuarenta mil kilómetros por hora metidos en un cuartucho de seis metros de diámetro; y no se pelearon durante el viaje. Para que eso fuera posible...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.