O Conservatorio de Ribeira presenta tódalas actividades previstas para o vindeiro trimestre

25 Marzo 2025

O Conservatorio de Ribeira compartiu este 25 de marzo a súa axenda formativa para o vindeiro trimestre. Á presentación asistiron a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, o director do Conservatorio, Álvaro López máis o profesor de saxofón e xefe de estudos do Conservatorio, José Fungueiriño. A concelleira sinalou que “dende o Conservatorio Municipal estanse a facer mancheas de actividades, tanto propias como de colaboración con outros conservatorios, convidando a profesores de sona internacional e facendo unha interesante programación de audicións á que invitamos á veciñanza asistir”. Rivadulla rematou agradecendo o traballo de profesores e docentes.

O director do Conservatorio comezou anunciando “que hoxe mesmo levamos a cabo unha actividade fóra do centro, trátase de que o alumnado do departamento de piano vai participar hoxe nun concerto que organiza o Conservatorio Mayeusis, o alumnado do noso centro visitará Pontevedra para, xunto co alumnado do citado centro, ofrecer o primeiro dos concertos deste intercambio”. Dito intercambio leva varios anos desenvolvéndose, concretamente dende o curso 21/22.

López tamén anunciou o Obradoiro de Preparación para o ingreso no Conservatorio que está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos (cumpridos neste ano) e que queiran facer a proba de acceso para cursar estudos oficiais no Conservatorio de Música Profesional de Ribeira no curso 2025/2026. “O formulario de inscrición atópase na web do Concello, www.ribeira.gal, e unha vez cuberto terá que enviarse ao correo conservatorio@ribeira.gal”, engadiu.

Por outra banda Fungueiriño presentou os derradeiros encontros da Aula Galega de Saxofón. Arrinca a finais de marzo os días 29 e 30 con tres profesores. Xabier Casal, Carlos Ordóñez (artista Yamaha do cal a marca asume integramente os custos) e Roi Barros en calidade de técnico reparador que fará pequenos axustes aos saxofóns do alumnado que o precise. Continuará en abril con Elisa Urrestarazu e en maio, de novo Xabier Casal e o pianistas Takahiro Mita. As 15 prazas ofertadas na actividade está cubertas.

Para rematar e tamén coincidindo co encontro de finais de marzo do seminario Aula Galega de Saxofón levarase a cabo esta mesma fin de semana o segundo dos encontro do curso do Seminario de Música Antiga que imparte Paulo Gonçalves.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.