O Concello de Rianxo renova o firme do núcleo da Casilla, en Araño

20 Marzo 2025

O Concello de Rianxo informou de que está a levar a cabo traballos de renovación do firme no núcleo da Casilla (Araño), ao que se suman as obras desenvolvidas nestes últimos meses (dende decembro) para instalar a rede de abastecemento de auga para consumo doméstico en toda a aldea. Os traballos, en conxunto, contaron cun orzamento de algo máis de 130.000€ financiado con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña.

A actuación permitiu dar servizo a todas as vivendas do núcleo e salvar o cruzamento da estrada autonómica a través dun topo para a conexión á rede existente. Os traballos foron executados pola empresa Mecano Obras y Reformas S.L.

O abastecemento da Casilla (parroquia de Araño) dende a traída municipal foi posíbel grazas ás actuacións previas dende Outeiro-Taragoña.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.