O Concello de Padrón apraza o Desfile e o Concurso de Entroido por mor das malas previsións meteorolóxicas

06 Marzo 2025

O Concello de Padrón informa de que, debido ás malas previsións meteorolóxicas, o Desfile e o Concurso de Entroido previstos para esta fin de semana quedan aprazados. A nova data de celebración será o sábado 15 de marzo.

A decisión tomouse co obxectivo de “garantir a seguridade e o bo desenvolvemento do evento, permitindo así que todas as persoas participantes poidan gozar do Entroido nunha xornada festiva sen inclemencias climatolóxicas que dificulten a súa celebración”.

Desde o Concello de Padrón lamentan as molestias que este cambio poida ocasionar e agradecen a comprensión de veciños, participantes e asistentes.

Ademais, animan a toda a cidadanía a “manter a ilusión e os disfraces preparados para celebrar o Entroido con máis ganas o vindeiro día 15 de marzo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.