O Concello de Muros remata as obras de mellora no viario de Barrosa (Tal)

12 Marzo 2025

O Concello de Muros informou do remate das obras de aglomerado e renovación do pavimento na Barrosa, na parroquia de Tal. Os traballos incluíron o camiño principal e os accesos ás vivendas, limpando e acondicionando tamén as cunetas.

“Estamos ante unha nova obra coa que damos un paso máis no noso calendario de actuacións para mellorar a rede de estradas, vías e camiños do concello”, explicou a alcaldesa, María Lago, engadindo que con esta liña de traballo “damos resposta ás demandas veciñais cunha programación continua de proxectos durante todo o ano”.

“Os traballos supoñen unha mellora importante para a seguridade viaria e para a accesibilidade dun camiño de acceso a varias vivendas”, engade a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira.

Lago e Rivadeneira lembraron que “os traballos de renovación da rede de estradas e camiños de Muros son unha prioridade para o Goberno local”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.