O Centro Arqueolóxico do Barbanza celebra este sábado un Obradoiro de Casas Castrexas para a rapazada

21 Marzo 2025

O Centro Arqueolóxico do Barbanza serve de escenario este sábado 22 de marzo, en dúas quendas (de mañá e de tarde, ás 11.30 a ás 17.30 horas), a un Obradoiro de Casas Castrexas, unha actividade de lecer creativo e divulgación histórica para rapazas a rapaces de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. Durante a actividade, as nenas e neos participantes explorarán o interior dunha vivenda castrexa reconstruída, onde descubrirán como eran e como se vivía nelas. Ademais, converteranse en pequenos arquitectos, deseñando e modelando as súas propias casas de barro, inspirándose nas construcións da época. Inscricións na web www.centroarqueoloxicodobarbanza.org. Máis datos sobre o obradoiro no QR do cartaz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.