O Auditorio rianxeiro acolle estes días unha escolma das obras presentadas á XVIII edición do Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica da Deputación

05 Marzo 2025

A sala de exposicións do Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo acolle estes días (até o 15 de marzo en horario de 9.00 a 14 horas, de luns a venres) unha mostra artística extraída da XVIII edición do Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica 2023. Esta exposición é resultado da liña de apoio á creación artística que leva a cabo a Deputación da Coruña e, en concreto, ao desenvolvemento da arte gráfica así como, en recoñecemento ao labor desenvolvido pola Fundación Centro Internacional de Estampas Contemporáneas de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador.

Este premio é polo tanto unha homenaxe á obra de Jesús Núñez (Betanzos, 1927-2023) e un recoñecemento ao seu labor artístico e difusor da arte gráfica. Por certo que na mostra inclúese a obra gañadora do certame (edición XVIII): a peza 10 grados do artista Juan Escudero, recoñecida polo xurado pola súa “destreza técnica e cromática adaptada a unha sensibilidade extrema denotando un traballo minucioso, suxestivo e moi persoal”. Os accésits foron dar a ST de Maite Pinto e Painbody I de Mateusz Patryck de Oliveira. O xurado estivo composto por Natividade González, Brita Prinz, Susana González, Tita Fraga, Myriam Gesalaga e Eva Vila. O catálogo e a mostra itinerante está formado por 30 das obras presentadas máis destacadas, que están a viaxar polas localidades da provincia da Coruña ao longo de 2024 e 2025.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.